Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O alcalde de Verín continúa sen dar cumprimento á resolución xudicial que anula a oposición de auxiliar de biblioteca

07 Xul 2010

A CIG reclamou a execución forzosa da sentenza, xa que pasaron dous anos dende a súa publicación

A sentenza xudicial obrigaba ao Concello de Verín, tanto a anular o proceso selectivo, como a reconvocalo en condicións de igualdade para todos os aspirantes. Non obstante, explica o responsábel da CIG-Verín, Anxo García Torres, o alcalde tan só cumprimentou parcialmente ese mandado, rescindindo o contrato da traballadora á que se lle adxudicou a praza; mais, “esqueceu reconvocar o proceso para que, tanto a traballadora despedida, como o resto dos participantes, puidesen concorrer de novo, en condicións de igualdade”.

Ante este reiterado incumprimento, a CIG veuse na obriga de acudir novamente ao xulgado para reclamar a execución forzosa da sentenza.  Así as cousas, o Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense, por Providencia do 18 de Xuño, estimando as razóns dadas pola central, requiriu ao Concello de Verín para que dea cumprimento á sentenza, advertindo, ademais, ao alcalde que, de non darse unha razón xustificada do incumprimento, poderíanse impor multas coercitivas persoais pola dilación.

Dende a CIG de Verín tamén quixeron recordar ao rexedor local que el mesmo, estando na oposición, denunciara as irregularidades cometidas polo anterior goberno no proceso de de adxudicación da praza de auxiliar de biblioteca e mesmo participou en calidade de testemuña. “Non é admisíbel ser o campión da legalidade na oposición e, porén, ser o contrario no goberno”, criticou García Torres.

 

Volver