Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O 10 DE XULHO FICOU CONSTITUÍDA A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA COMARCA DE MONTERREI

13 Xul 2015

A Plataforma realizará umha campanha informativa para dar a conhecer o estado dos servizos que se prestan na Comarca

Dende a Confederación Intersindical Galega de Monterrei-A Limia informamos que o venres pasado, día 10 de xulho de 2.015 ficou constituída a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Comarca de Monterrei.

Ao acto asistiu umha representación nutrida de diferentes sectores cidadáns, profesionais, sindicais e políticos: médicos/as, enfermeiros/as, auxiliares, vecinhos/as, e representantes do PSOE, BNG, CC.OO. e CIG.

Dentro do trabalho a realizar que figuraba na orde do día abordouse, en primeiro lugar, a posta en común, dende os diferentes puntos de vista dos asistentes, da situación que atravesa a sanidade pública na comarca de Monterrei. A este respecto, a conclusión a que se chegou foi unánime:

A Conselharía de Sanidade da Xunta de Galiza ten feita umha clara aposta pola sanidade privada en detrimento da pública, sendo habituais os ofrecementos que se lhes fan ós/ás pacientes para que consintan en ser atendidos/as en clínicas privadas como o Carmen ou COSAGA.

Non se están a cubrir as vacantes de médicos/as, e enfermeiros/as e do resto do persoal sanitario, minimamente necesarios/as.

Estanse a realizar contratos a media xornada e por días alternos para cubrir servizos.

Desvíanse servizos de atención hospitalar a atención primaria.

Non se substuitúen as ausencias dos/as facultativos/as mantendo en espera de atención ós/ás seus/súas enfermos/as até a súa reincorporación.

O servizo de urxencias resultante despois da eliminación do que funcionaba nas dependencias do ambulatiorio, ficou, como xa advertíamos dende a CIG, nun auténtico despropósito: obriga a desprazamentos para ser atendido/a, falha de espazo para umha atención digna, falha de acceso para os/as minusválidos/as, temperaturas nas dependencias insufríbeis, mesmo ponhendo en perigo a integridade da medicación que se dispensa, tempo de espera para recibir atención que se multiplica, etc.

Ademáis, nesta primeira convocatoria, adoptouse o acordo de dotar de organización á Plataforma, incluíndo a elección da súa voceira que recaeu en Yolanda Domínguez Gallego e Jorge Lorenzo Vila.

Tamén se acordou, por unanimidade, a posta en marcha dumha campanha informativa para dar a conhecer á cidadanía as circunstancias reais dos servizos que se prestan na sanidade pública da nosa comarca; campanha que rematará coa convocatoria dunha manifestación para reivindicar, en primeiro lugar, a apertura do servizo de urxencias pechado polo goberno do Partido Popular, e, ao tempo, a dotación das estruturas e persoal necesario en todos os puntos de atención médica da nosa bisbarra.

O martes, día 21 de xulho, ás 20,30 horas, celebrarase umha nova xuntanza da Plataforma, nas dependecias da Confederación Intersindical Galega de Verín, aberta a todas as persoas que queiran sumar o seu esforzo en pro da melhora da sanidade pública da nosa comarca.

Volver