PARTILHAR
O 1 DE XULHO A CIG CONVOCA, EN OURENSE, CONCENTRACIÓN CONTRA A LEI MORDAZA
O 1 de xulho entra en vigor a Lei Mordaza, dirixida a que nenguén se remexa diante dos ditados do Partido Popular
A CIG ven de convocar, pro próximo día 1 de xulho (mércores), ás 11.00 horas da manha, diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, umha concentración en protesta contra a entrada en vigor da Lei Mordaza.
Non fai falha explicar que se trata dumha lei que sancionará con multas escandalosas a todo/a aquel/a que se remexa, pra defender os seus dereitos fundamentais e liberdades públicas.
Tampouco é preciso lembrar por qué entra en vigor a uns meses das eleccións xerais. Moitos dos demócratas de toda a vida que nos gobernan mamaron no berce a concepción social do franquismo relativa á "la gente de orden" e agora aplícannola, cumha lei que só procura que eles poidan, placidamente, facer o que lhes peta cas nosas vidas.
Se podes ven concentrarte connosco e protestar contra esta pseudo democracia que nos están a impor a base de decretazos e non da opinión da cidadanía