Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Novo éxito da folga dos traballadores e traballadoras de Vidreira do Atlántico

26 Xan 2009

O 100% do persoal secunda o segundo paro de 32 horas no que vai de mes

Os representantes dos traballadores/as reclamaron á dirección da vidreira, “que xa sabe que todo o cadro de persoal está secundando as propostas presentadas polo Comité (do que ten maioría á CIG)”, que sente “de verdade” a negociar unha solución para rematar o conflito.

Anxo García, da Unión Local da CIG de Verín, explicou que, ademais das medidas estritamente sindicais, o Comité de folga está levando a cabo outra serie de accións que demostran que existen vías alternativas para reducir os custos de produción sen necesidade de reducir os salarios dos traballadores/as nin eliminar os pluses, tal e como pretende a empresa.

Neste senso, o comité dirixiuse á Consellería de Industria para solicitar unha reunión con responsábeis desta administración co obxectivo de demandar que o gasoduto que pasa a 8 km do Polígono de Xinzo de Limia, onde está asentada a vidreira, sexa achegado o antes posíbel. Esta medida axudaría a reducir os gastos enerxéticos, que supoñen o 50% do total dos custos de produción.

“A nosa sorpresa chegou cando xa estabamos coa acción en marcha, dende a Consellaría de Industria amosaran unha actitude favorábel e pola contra, o presidente de BA Glass declara que o problema agora xa non é reducir custos, senón solucionar a cuestión da folga” , apunta Anxo García. Sobre este punto aclarou que a folga se convocou precisamente porque a empresa pretende reducir custos axustando polo lado dos/as traballadores/as.

“Cando lle mostramos que se pode recortar gastos na produción entón non lle interesa”, afirma Anxo García. “O que queren é recortar todo o que poidan no gasto de persoal”.

Dende o Comité sinalaron que se a empresa non da un paso adiante para solucionar os problemas da vidreira, volverá convocar unha nova xornada de folga o vindeiro 8 de febreiro.

Novas relacionadas

Volver