Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVO CONCURSO OPOSICIÓN NO CONCELLO DOS BLANCOS

13 Xun 2022

Crearán unha bolsa de emprego para a creación das brigadas de incendios

Por Decreto da alcaldía do concello dos Blancos, do día do 8 de xuño de 2022, aprobáronse as bases ás que se axustará o concurso-oposición para formar unha bolsa de emprego para a creación das brigadas de incendios, composta por un xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións, publicada no BOP do 11 de xuño.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos 5 días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no concello e na súa sede electrónica: osblancos.sedelectronica.gal

Volver