Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVO ACORDO DE ESTABILIZACIÓN CHAPUZA PACTADO ENTRE SINDICATOS ESTATAIS E O MINISTERIO

08 Xul 2021

Novo acordo con máis do mesmo

ovo acordo de estabilización chapuza pactado entre sindicatos estatais e o Ministerio. O fin último deste novo acordo é reducir a temporalidade até un 8% igual que no acordo 2017-2018

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN NO EMPREGO PÚBLICO

• Afecta ás prazas ocupadas temporal e ininterrompidamente ao menos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e que non foran incluídas nos procesos de estabilización dos Acordos da Mellora de Emprego do 2017 e 2018.
• Na Xunta a maioría da prazas xa foron ofertadas nas OEP 2019 (incluídas repescas de OEP 2017 e OEP 2018), OEP 2020 e OEP 2021 polo que a pouco pode afectar este novo acordo
• Os procesos deben estar resoltos antes do 31 de decembro de 2024
• Terán que seguir os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concurrencia e procesos de concurso-oposición, cunha valoración da fase de concurso do 40%.
• Si suspendes terás unha indemnización só no caso das prazas convocadas ao abeiro deste plan de estabilización
• Funcionaria/o interina: 20 días retribucións fixas/ano de servizo, ata un máximo de 12 mensualidades
• Laboral temporal: diferencia entre o máximo de 20 días e a indemnización correspondente pola extinción do contrato até un máximo de 12 mensualidades.
• Si non te presentas, non hai indemnización

E A PARTIR DE AGORA… QUE?


So se poderá nomear persoal funcionario interino por razóns xustificadas de necesidade e urxencia nestas situacións:

-Cobertura de prazas vacantes (cando non sexa posible por funcionario/a de carreira) cunha duración máxima de tres anos. Si se lle convoca a praza durante estes tres anos, poderá permanecer até a súa resolución e o seu cese non implicará compensación económica.
-Substitución
-Execución de programas de carácter temporal (3 anos + 12 meses prórroga)
-Por exceso ou acumulación de tarefas (máximo 9 meses dentro dun período de 18)
As actuacións irregulares por parte das administracións e incumprimentos de prazos máximos de permanencia dará lugar a compensacións económicas nos mesmos termos que si non se superara o proceso de estabilización pero so será de aplicación aos nomeamentos e contratacións efectuados con posterioridade á entra en vigor da reforma do TREBEP.

Volver