Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVAS OFERTAS DE EMPREGO NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

08 Ago 2020

Son un total de 51 postos

A Deputación Provinció de Ourense fai pública no BOE do 8 de agosto a resolución do 16 de xullo de 2020, referente á convocatoria para proveer varias prazas. Son un total de 51 postos, dos que 12 prazas cubriranse por concurso oposición quenda libre, 7 por promoción interna e 27 por concurso oposición e 5 por concurso.

Prazas funcionariais a cubrir mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre:

Dúas prazas de Arquitecto, pertencentes á escola de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, Subgrupo A1.
Unha praza de Técnico Especialista en Recursos Humáns e Formación Profesional, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Cometidos Especiais, Subgrupo A2.
Unha praza de Técnica/o Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Cometidos Especiais, Subgrupo A1.
Dúas prazas de Técnico Superior de Desenrolo Local e Fondos Europeos, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servicios Especiais e clase de Cometidos Especiais, Subgrupo A1.
Unha praza de Técnico Especialista en Desenrolo Local e Fondos Europeos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servicios Especiais e clase de Cometidos Especiais, Subgrupo A2.
Unha praza de Traballador/a Social, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, Subgrupo A2.
Unha praza de Administrativa/o de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, Subgrupo C1.
Tres prazas de Auxiliares de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, Subgrupo C2. Resérvase unha das prazas para persoas con diversidade funcional.

Prazas funcionariais a cubrir mediante o sistema de concurso-oposición, na quenda de promoción interna vertical:

Unha praza de Técnica/o da Administración Xeral, pertencente á escala da Administración Xeral, subescala Técnica, Subgrupo A1.
Catro prazas de Administrativa/o da Administración Xeral, pertencentes á escala da Administración Xeral, subescala Administrativa, Subgrupo C1.
Dúas prazas de Auxiliares da Administración Xeral, pertencentes á escala da Administración Xeral, subescala Auxiliar, Subgrupo C2. Resérvase unha das prazas para persoas con diversidade funcional.

Prazas de personal laboral fijo, a cubrir por el sistema de concurso-oposición:


Dúas prazas de Operaria/o sin cuóificar, agrupación Profesional sen titulación. Resérvase unha das prazas para persoas con diversidade funcional.
Dúas prazas de Porteira/o, agrupación Profesional sen titulación. Resérvase unha das prazas para persoas con diversidade funcional.

Unha praza de Conductor/a de Maquinaria de Obras Públicas e Vehículos Especiais, asimilada ó Subgrupo C2.
Unha praza de Chapista, asimilada ó Subgrupo C2.
Cinco prazas de Chófer Operaria/o de Basura, asimiladas ó Subgrupo C2.
Unha praza de Coordinador/a de Actividades Deportivas, asimilada ó Subgrupo C1.
Oito prazas de Monitor/a Deportivo, asimiladas ó Subgrupo C2.
Unha praza de Monitor/a de Ocio no rural, asimilada ó Subgrupo C1.
Unha praza de Mestra/o de Talla en Madeira a tempo parcial, asimilada ó Subgrupo C1.
Unha praza de Mestra/o de Cerámica e Olería a tempo parcial, asimilada ó Subgrupo C1.
Unha praza de Mestra/o de Pintura e Debuxo a tempo parcial, asimilada ó Subgrupo C1.
Unha praza de Operaria/o do Lixo, agrupación profesional sen titulación.
Unha praza de Operaria/o Centro Recollida Animais Abandoados, agrupación profesional sen titulación.
Unha praza de Mestra/o de Modelado de Barro a tempo parcial, asimilada ó Subgrupo C1.

Prazas de personal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso:

Dúas prazas de Chóferes Especialistas, asimiladas ó Subgrupo C2.
Tres prazas de albaneis, asimiladas ó Subgrupo C2

Volver