NOVAS BOLSAS DE EMPREGO NO CONCELLO DE MANZANEDA
Son postos de auxiliar de clínica e xerocultor/a
O concello de Manzaneda fai público no BOP do 23 de febreiro que, tras ver a necesidade de seleccionar persoal específico para os postos de “auxiliar de clínica da residencia da 3.ª idade” e de “xerocultor/a da residencia da 3.ª idade”, ante o esgotamento da bolsa de emprego do concello de Manzaneda (Ourense) para os devanditos postos, requírese a creación dunha bolsa de emprego específica de persoal laboral temporal, das prazas que a seguir se enumeran:
1. Bolsa específica para os postos de auxiliar de clínica da residencia da 3.ª idade.
2. Bolsa específica para os postos de xerocultor/a da residencia da 3.ª idade.
As bases reguladoras aplicables a este proceso son as aprobadas por decreto da alcaldía núm. 2022-0065 o día 20/03/2022 (BOP de Ourense n.º 81, do 08/04/2022), dispoñibles integramente na sede electrónica do concello de Manzaneda (http://concellodemanzaneda.sedelectronica.gal). As persoas que participasen en procesos de selección anteriores relativos á bolsa de emprego do concello de Manzaneda non están obrigadas a presentaren novamente a documentación xustificativa que xa se atope en posesión deste concello. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.