Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA REUNIÓN DA COMISIÓN DE CONTROL NO CONCELLO DE LAZA

25 Xun 2021

É a conta dos procesos selectivos nas prazas do GES

No día de hoxe foi celebrada a reunión da comisión de control de procesos selectivos do concello de Laza, co obxecto de elaborar un ditame sobre as oferta de prazas do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)
O traballo da Comisión foi o que a seguer fica explicado:

Após ser constituída, entrevistou, colectivamente, o Tribunal e os Asesores do proceso que acudiran á reunión convocados polo Grupo de goberno do Concello de Laza.

Unha vez rematas as entrevistas, a comisión acordou realizar o seguinte ditame:

1) O tribunal deu cumprimento ao proceso administrativo que sinalan as Bases de Contratación realizando as actas correspondentes, designación dos asesores, e mantendo a garda custodia das probas teóricas en todo momento.

2) As probas teóricas realizadas foron numéricas e non nominais, para gardar o anonimato dos candidatos/as.

3) Non foran detectadas anomalías en nengunha das fases do proceso.

Dende a CIG, alén do ditame da Comisión, queremos remarcar que a convocatoria deste tipo de órganos ten por obxeto controlar a transparencia dos procesos seletivos; implicando un moi necesario contrapeso fronte ao poder político e sendo moi útil para previr atitudes irregulares no aceso ao emprego público e, mesmo, para descartar irregulariedades, como niste caso.

Por ista razón, os gobernantes de Concellos, coma Laza, Verín, etc, habían estar ben satisfeitos de dispor nas súas Bases de contratación deste mecanismos que evitan, en moitos casos, a patrimonialización do emprego público e a xudicialización dos procesos seletivos.

En todo caso, calquera cidadán/á ou coletivo que considere afetados os seus intereses polos resultados do proceso seletivo non fica privado do seu dereito a tutela xudicial efetiva.

Volver