Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA PRAZA E LISTA DE AGARDA PARA O GES DA VEIGA

22 Abr 2022

Fano mediante concurso oposición

O concello da Veiga fai pública no BOP do 22 de abril a convocatoria para a provisión dunha praza e creación dunha lista de agarda de persoal laboral para o Grupo de Emerxencia Supramunicipal 29, con sede na Veiga 2022-2024. Mediante Resolución da Alcaldía, do 18 de abril de 2022, aprobáronse as bases reguladoras para a provisión dunha praza e creación dunha lista de agarda de persoal laboral integrante do Grupo de Emerxencia Supramunicipal 29, con sede na Veiga 2022-2024.

1º. Postos ofertados: un/unha pión/pioa condutor/a para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal e lista de agarda (2022-2024).

2º. Sistema de selección: concurso-oposición.

3º. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do Concello, núm. 1. 32360 A Veiga) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de que a solicitude no se presente no Rexistro Municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 35 00 60) ou un e-mail ao seguinte correo: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver