NOVA OFERTA NA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE CINCO POSTOS DE TRABALLO
Son para condutoras/es e axudantas/es de obras
Publicada resolución do 15 de outubro de 2021 no BOE, da deputación de Ourense, referente a convocatoria de varias prazas.
No «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 120, de 29 de maio de 2021, con corrección no número 140, de 22 de xuño de 2021, publicáronse íntegramente as bases que rexen a convocatoria para prover as seguintes prazas do plantel de persoal laboral fixo, a cubrir mediante o sistema de concurso:
Catro prazas de Conductor/a de Maquinaria de Obras Públicas e Vehículos Especiais.
Unha praza de Axudante de Obras e Servizos.
Publicouse, asemade, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» de 29 de septembro de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais a contar dende o seguinte ó da publicación desta resolución no «Boletín Oficial del Estado».
Os vindeiros anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, na web www.depourense.es e no «Boletín Oficial da Provincia de Ourense»

