NOVA LISTAXE DE CONTRATACIÓN NA DEPUTACIÓN DE OURENSE
É para o posto de monitor/a deportivo
A Deputación de Ourense fai público no BOP do 22 de marzo que, para os efectos oportunos, nesta data, a Presidencia ditou o seguinte decreto:
“Foi vista a proposta do rexente do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, do 3 de marzo de 2022, de modificación das bases reguladoras da convocatoria e do procedemento de elaboración e aprobación de listas para a contratación de persoal laboral temporal para a categoría de monitor/a deportivo/a. Foi visto o informe favorable do xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación, do 10 de marzo de 2022, relativo ao cumprimento do que establece a Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 8 de outubro de 2021), así como ao cumprimento da normativa actual que rexe para a contratación de persoal no sector público. Foi visto o informe favorable da Comisión de Control e Seguimento na súa reunión do 9 de marzo de 2022. De conformidade co que establecen a Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de outubro de 2021, así como o artigo 20.4 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, Polo exposto, dispoño...
Descarrega as bases do proceso abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

