Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA CONVOCATORIA EN PROBAS DE AVALACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE

23 Mar 2021

Superando as mesmas poderás acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

Publicada a Resolución do 26 de febreiro de 2021 -DOG do 5 de marzo de 2021-da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II Calendario previsto do procedemento
  • Anexo III Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
  • Anexo IV Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
  • Anexo VI Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira

Lugar de realización das probas: prevese que sexa no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).

Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar a finais do mes de xuño sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.

Recomendacións sobre a presentación da solicitude:

Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica, para o cal siga os seguintes pasos:

    1. Deben acceder á sede electrónica a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal e cubrir o formulario de solicitude do procedemento TR306A que estará dispoñible desde o 6 de marzo.
    2. Premer na icona “Tramitar en liña”
    3. Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 5.2 da resolución de convocatoria).
  1. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar e obter recibo.
  • No caso de solicitudes cubertas a man:
    • prégase claridade nos datos;
    • non esquecer asinar a solicitude;
    • indicar o número de DNI – NIE ou Pasaporte;
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver artigo 6.a) da Resolución).
  • No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude.
  • Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “buscador de notas”.

Prazo de solicitudes: até o 7 de abril de 2021 incluído. Prema para acceder á solicitude.



Volver