Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

23 Xan 2019

Publicouse no DOG do luns 21 de xaneiro

No DOG Nº 14, do 21 de xaneiro do 2019 sae publicada a segunda convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.

As unidades de competencia convocadas son:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 300 prazas.
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas.
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 225 prazas.
• Socorrismo en instalacións acuáticas: 225 prazas.
• Tanatopraxia: 150 prazas.
• Docencia da formación para o emprego: 100 prazas.
• Operacións auxiliares de fabricación mecánica : 100 prazas.

Para máis información preme no seguinte link:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190121/AnuncioG0424-110119-0002_gl.html

Volver