Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA CONDEA DO XULGADO Ó CONCELLO DE VERÍN

24 Set 2021

Deberá aboar unha pensión complementar a un policía local xubilado por invalidez

A xestión do grupo de goberno do concello de Verín con respeito ao servizo de policía local é desleixada e neglixente. por permitir que nas rúa de Verín estean a operar a día de hoxe só 4 policías e 3 auxiliares de policía (istes últimos a  descontratar nos próximos días), mais tamén é incumpridora das normas que o proprio ente local ten aprobado para regular as obrigas e dereitos da policía local.

O artigo 45 do Acordo Regulador dos dereitos dos funcionarios e funcionarias do concello de Verín sinala, literalmente:

“45. Xubilación por invalidez.
1. No caso de que un funcionario presentar incapacidade sobrevida manifesta para o exercicio das súas funcións poderá solicitar a xubilación por invalidez ou ben poderá o Concello tramita-la de oficio, sen prexuízo de situacións de segunda atividade.
2. No suposto do apartado anterior, o Concello asumirá a diferenza que exista entra a pensión de invalidez que lle for recoñecida e as retribucións que o devandito funcionario percibise.
3. ......”

No caso que nos ocupa, o Concello de Verín recoñeceu “provisionalmente” a un funcionario da policía local a pensión complementar de invalidez só entanto a sentenza que o declarara en situación de incapacidade permanente total para a profisión habitual non for firme e definitiva. A partires da firmeza da sentenza de invalidez o Concello retiraria-lle ao funcionario a pensión complementar do artigo 45 do Convenio e o empregado público tería de retornar-lle ao ente local as contías percibidas provisionalmente. Literalmente:

“SEGUNDO.- Recoñecer a débeda deste concello ca interesado de euros mentres a sentenza non sexa firme e para non prexudicar ao seu poder adquisitivo, modificándose a partir da firmeza calquera contía ou situación ou incluso a
devolución de cartas polo interesado nas arcas municipais, en concepto de atrasos da pensión polos meses de marzo/ abril/ xuño/ xullo/ agosto de 2020 (6 meses x . )"


O Xulgado do CA núm. 1 d’Ourense, dando a razón aos servizos xurídicos da CIG de Verín e A Limia, estimou o noso recurso contencioso e condenou ao Concello de Verín a recoñecer o dereito do funcionario a percibir a pensión  complementar de invalidez con carácter definitivo (non provisional) entanto permaneza en situación de incapacidade permanente total. Ademais, o Concello foi condenado a pagar as custas procesuais.

Chove sobre mollado ! Non só o servizo da policía local de Verín está arreo a ser reducido e desmantelado case até a desaparición. Non só carece de medios (até hai unhas semanas tiñan que utilizar o coche do servizo de axuda a domicilio pra faceren desprazamentos e, agora, todos os policías en ativo do cadro fixo (4) caben nun dos dous novos coches). Mais tamén teñen que acudir os seus membros, unha e outra vez, aos Xulgados para faceren valer as normas do propio Concello que o seu goberno recusa cumprir !

No canto de dirixir a política de persoal baixo o principio do diálogo o Goberno de Verín naufraga nesa materia propondo fume e facendo demagoxia para agachar as súas responsabilidades no afundimento !

Volver