NOVA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO
É para axuda no fogar
O concello de Montederramo fai públicas no BOP do 2 de marzo que por resolución da alcaldía, con data 10 de febreiro de 2022, Decreto núm. 2022-0022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo e, en consecuencia, abren o prazo de presentación de solicitudes que será de vinte días hábiles, contado dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:
“Bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección de auxiliares de axuda a domicilio e constitución dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal.
Obxecto da convocatoria: É obxecto destas bases a creación dunha bolsa de traballo para persoal laboral auxiliar de axuda a domicilio no Concello
de Montederramo.
Denominación: Auxiliar de axuda a domicilio
Réxime: Persoal laboral temporal
Área: Servizos sociais
DESCARREGA AS BASES DO PROCESO ABRINDO O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

