Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLADORAS/ES SOCIAIS NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

21 Set 2021

Seleccionarán por concurso de méritos

O concello de Rairiz de Veiga, por resolución da alcaldía do 3 de setembro de 2021, aprobou as bases para crear unha bolsa de emprego para o posto de traballador/a social e fai publico o seguinte anuncio no BOP do 21 de setembro:

Duración da bolsa de emprego: até o 31 de decembro de 2023.
Xustificación da necesidade: contratación temporal dun/dunha traballador/a social ata o ano 2023, cando sexa necesario.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
2. Xornada: completa.
3. Servizo: Servizos Sociais, traballador/a social do concello de Rairiz de Veiga.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para presentar as solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, de 9.30 a 13.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de anuncios do concello.

Volver