Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE LOBIOS

31 Out 2020

Fan selección por concurso de méritos

O concello de Lobios publica no BOP do 31 de outubro que, mediante a resolución da alcaldía n.º 2020-0596, con data 27 de outubro, aprobáronse as bases que rexen a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego temporal de auxiliares de axuda no fogar mediante concurso de méritos 2020-2022 e a súa correspondente convocatoria para posibles substitucións do persoal contratado por incapacidade laboral transitoria, vacacións, acumulación de tarefas, COVID-19, etc., cunha duración máxima de ata o 31 de decembro de 2022, mediante o sistema de concurso de méritos. Os/as interesados/as poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no seu artigo 16, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O texto íntegro das bases reguladoras da convocatoria está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web municipal (www.lobios.org) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lobios (https://lobios.sedelectronica.gal) Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios. Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Volver