NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR
É para auxiliares de axuda no fogar
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria realizada o día 16 de marzo de 2021, aprobou as bases que rexerán a selección e provisión, mediante o sistema de concurso–oposición, de persoal laboral temporal para a categoría profesional de auxiliar de axuda no fogar, motivado polo esgotamento de aspirantes integrantes da bolsa de emprego/reserva constituída para os anos 2020 – 2021 na dita categoría profesional, e a raíz do dito proceso selectivo constituír unha nova bolsa de reserva para as futuras contratacións que resulten necesarias co fin de cubrir temporalmente vacantes debidas a baixas por enfermidade ou outras causas. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

