NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
É para auxiliares administrativas/os
O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 21 de marzo a convocatoria do proceso de selección, mediante o sistema concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de traballo, para posibles coberturas de futuras contratacións laborais temporais, para a categoría de auxiliar administrativo/a. A duración da bolsa será desde a data da aprobación ata a aprobación dunha nova bolsa onde se empregue o mesmo sistema de selección que o do presente procedemento.
Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante decreto da
alcaldía do 17 de marzo de 2023:
*Denominación da categoría da bolsa de traballo:
- Auxiliar administrativo/a (persoal laboral) para o concello do Barco de Valdeorras.
*Obxecto:
- Formación dunha bolsa de traballo, mediante o sistema concurso-oposición, para a categoría de auxiliar administrativo/a, co obxecto de acudir a ela para a cobertura de futuras contratacións laborais temporais que xurdan, de carácter non permanente, que resulten necesarias e que non poidan ser atendidas polo persoal deste concello. A duración da bolsa será desde a súa aprobación ata a aprobación dunha nova bolsa onde se empregue o mesmo sistema de selección que o do presente procedemento e as funcións que se realizarán serán as descritas no art. 1.º das bases de convocatoria.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no art. 3.º das bases de convocatoria, que son, entre outros:
- Estar en posesión da titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria, titulación equivalente ou superior, na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello
(https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios que recolle o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao de publicarse as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.