NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE VEREA
É para a contratación de persoal laboral temporal
Publícase no BOP do 25 de marzo que, por acordo da xunta de goberno local do concello de Verea, con data 22 de marzo de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para constituír unha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición. Na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios do concello aparecen integramente publicadas as bases que rexen a convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios deste concello.

