Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE TABOADELA

29 Mai 2022

Suplirán vacantas por diferentes continxencias

O concello de Taboadela fai público no BOP do 29 de maio que unha vez aprobadas por Resolución da Alcaldía do día 13 de maio de 2022 as bases reguladoras para a contratación e creación dunha bolsa de traballo do posto de auxiliar de axuda a domicilio, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de de solicitudes, que será de vinte días hábiles, contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín oficial do Estado.

Así mesmo, achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

A. Normas xerais e específicas

Normas xerais

1. O obxecto destas bases é a convocatoria de probas selectivas polo procedemento de concurso-oposición para a creación dunha bolsa de traballo para suplir vacantes por motivos de vacacións, enfermidade ou outras circunstancias que motiven a realización de contratos temporais conforme coa actual regulación.

2. Ás presentes probas selectivas seralles de aplicación as bases da convocatoria, o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, reguladora das bases de réxime local, o Texto refundido de réxime local, o Real decreto 896/91, do 7 de xuño, e con carácter supletorio, o Real decreto 364/95, do 10 de marzo.

3. O contrato realizarase de acordo coa lexislación vixente, en réxime laboral temporal e estará vinculado á vixencia da
prestación directa do servizo por parte desta entidade.

4. No caso de que o seleccionado para a contratación laboral temporal ou o integrante da bolsa de emprego ao que lle
corresponde o chamamento de relación laboral, traballase neste Concello máis de dezaoito meses nun período de vinte e catro, e puidese derivar nunha relación indefinida con esta administración, suspéndese o seu chamamento e pasarase ao seguinte da lista. A suspensión do seu chamamento será polo tempo necesario para evitar a súa incursión en fraude de lei que derive nunha relación indefinida. Pasado o prazo necesario restablécese a posibilidade do seu chamamento no posto da bolsa que obtivese segundo a puntuación

Descarrega as bases do proceso abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

Volver