Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE QUINTELA DE LEIRADO

31 Mar 2021

Contratarán persoal laboral temporal mediante concurso-oposición

O concello de Quintela de Leirado publica no BOP do 31 de marzo que, por resolución da alcaldía con data 24 de marzo de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para constituír unha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición. Na sede electrónica https://concellodeQuinteladeleirado.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios do concello aparecen integramente publicadas as bases que rexen a convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica https://concellodeQuinteladeleirado.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios dese concello.

Volver