NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE PETÍN
É para auxiliares administritivas/os
O concello de Petín fai público no BOP do sábado 14 de maio que, mediante resolución da alcaldía, do día 9 de maio de 2022, apróbanse as bases para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos do concello de Petín para coberturas temporais, na modalidade de contrato de duración determinada por substitución de persoa traballadora mediante concurso. A bases que rexerán a convocatoria publicaranse integramente na sede electrónica do concello de Petín: (https:/petin.sedelectronica.gal/) Dada a urxencia por compoñer a bolsa, o prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

