Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE MANZANEDA

26 Abr 2022

Fano en 10 categorías diferentes

O concello de Manzaneda, mediante decreto da alcaldía 2022-0090 con data 08.04.2022 fai público no BOP do 29 de abril que se aprobou a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego nese concello para os
postos seguintes:
1. ATS/DUE Residencia 3ª idade.
2. Fisioterapeuta Residencia 3ª idade.
3. Educadora social Residencia 3ª idade.
4. Auxiliar de clínica Residencia 3ª idade.
5. Xericultor/a Residencia 3ª idade.
6. Camareira-limpadora Residencia 3ª idade.
7. Cociñeiro/a Residencia 3ª idade.
8. Oficial 2ª cociña Residencia 3ª idade.
9. Axudante de cociña Residencia 3ª idade.
10. Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Manzaneda.
11. Asistente domiciliaria do Servizo de Axuda no Fogar no Fogar do Concello de Manzaneda.

As bases que han de rexer esta convocatoria foron aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 2022-0065 do día 20.03.2022, que foron obxecto de anuncio no BOP de Ourense nº 81 do día 08.04.2022 e publicadas integramente na sede electrónica do Concello de Manzaneda (http://concellodemanzaneda.sedelectronica.gal). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Volver