Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE LOBIOS

16 Dec 2021

Trátase dun concurso oposición para o posto de chofer de tractor rozadora

O concello de Lobios fai público no BOP do 16 de decembro que mediante a resolución da alcaldía núm. 2021-0889, do 13 de decembro, aprobáronse as Bases que rexen a convocatoria para crear unha bolsa de emprego temporal para un/unha chofer de máquina rozadoira mediante concurso-oposición para os anos 2022-2023 para afrontar as necesidades da entidade no desenvolvemento das actividades e dos servizos de interese xeral e social recollidos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, mediante o sistema de concurso oposición. Os/as interesados/as poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou a través de calquera dos medios que  establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no seu artigo 16, no prazo de cinco (5) días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O texto íntegro das bases reguladoras da convocatoria está publicado no  taboleiro de anuncios, na web municipal (www.lobios.org) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lobios: (https://lobios.sedelectronica.gal/info.0) Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios. Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte ao de publicarse o presente anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso- administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso- administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interporse o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

Volver