Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

07 Feb 2022

É para o servizo SAF

O concello de Chandrexa de Queixa fai público no BOP do 7 de febreiro que por decreto da alcaldía, do día de 12 de xaneiro de 2022, foron aprobadas as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o Servizo de Axuda no Fogar no concello de Chandrexa de Queixa. Para tal efecto, o concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación neste proceso de selección que será de sete (7) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9:00 a 14:30 h, na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/ e na sede electrónica (http://www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/).

Volver