NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE BARBADÁS
Créana na categoría de monitor/a sociocultural
O concello de Barbadás fai público no BOP do 2 de xuño que, por resolución da alcaldía, con data 20 de maio de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de persoal laboral na categoría de monitor/a sociocultural. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

