Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE AMOEIRO

03 Feb 2023

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Amoeiro fai público no BOP do 3 de febreiro o proceso de creación dunha bolsa de emprego 2023-2024 de auxiliar de axuda no fogar

Posto de traballo: bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar

Presentación de solicitudes: no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres), ou ben nalgún dos lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: durante o prazo de 10 dias hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Requisitos: os que sinala a base segunda das Bases para crear unha bolsa de emprego 2023-2024 de auxiliar de axuda no fogar, á disposición das/os interesadas/os nas oficinas do concello de Amoeiro e na súa sede electrónica.

Documentación: instancia dirixida ao alcalde, segundo o modelo recollido nas bases, xunto coa documentación indicada nelas.

Criterios de selección: de acordo coas bases que figuran nas oficinas do concello e que están á disposición das/os interesadas/os.

Volver