Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DA BOLA

17 Xun 2022

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello da Bola fai público no BOP do 17 de xuño que por resolución da alcaldesa, do día 14 de xuño de 2022, aprobáronse as bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar como persoal laboral temporal.
Duración da bolsa de emprego: deica o 31/12/2022
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas na casa do concello, en horario de oficina e na sede electrónica do concello da Bola: (https://abola.sedeelectronica.gal).

Volver