Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

MOBILIZACIÓNS EN REPULSA AO ASASINATO DO MENIÑO DE 11 ANOS EN OZA

10 Mai 2017

A CIG únese ao rexeitamento da violencia machista

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este XOVES 11 DE MAIO, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato do meniño de 11 anos en Oza- Cesuras a mans do seu pai, mentres desfrutaba do réxime de visitas. Este asasinato tivo lugar tras varias denuncias presentadas pola nai, ordes de afastamento e peticións de amparo.

 

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este crime machista. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

 

CONCENTRACIÓNS ás 20 horas:

 

A Coruña, Obelisco

 

Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.

 

Ourense, Castañeira

 

Pontevedra, Audiencia Provincial

 

Lugo, na Praza do Concello

 

Vigo, no Marco

 

Ferrol, diante do Concello

 

Bertamiráns, Praza A Amaía

 

Noia, diante do Concello (ás 20:30 horas)

Volver