MANIFESTACIÓN EN OURENSE O VINDEIRO 4 DE XULLO CONVOCADA POLA FCM DA CIG
A FCM denuncia a situción que están a sofrer @s traballador@s transfronteirizos
A federación de construción e madeira da CIG acordou, debido á situación laboral pola que atravesan as/os traballadoras/es transfronteirizos do sector da construción na comarca de Ourense, convocar MANIFESTACIÓN EN OURENSE PARA O VINDEIRO DÍA 4 DE XULLO ÁS 11:30 HORAS DIANTE DA CASA SINDICAL E CON REMATE NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALIZA (CASA DE CHOCOLATE).
Ista situación lévanos a mobilizarnos, tras presentar demandas en repetidas ocasións, na inspección de traballo, nos medios de comunicación, chegando até o xulgado do penal. Este contexto, que afecta a todo o país, afecta especialmente ó sur das comarcas de Vigo e Ourense, e é por iso que as mobilizacións serán simultaneadas nas dúas comarcas.
O conxunto de traballador@s están a sufrir un grande abuso, do que resulta un empobrecimento no sector da construción na súa totalidade, coa indispensábel colaboración da administración " autoridade laboral- INSPECCIÓN DE TRABALLO" e das empresas principais "UTES".
Salientan, asemade, a importancia que o tema ten na comarca e solicitan o apoio e participación masiva.

