MANIFESTACIÓN EN OURENSE O SÁBADO 7 DE XULLO CONVOCADA POL@S "FALSOS AUTÓNOMOS" DE COREN
Denuncian que a cooperativa está a incrumprir a resolución da inspección de traballo
A federación FGAMT da CIG convoca manifestación iste sábado 7 de xullo ás 12 horas polas rúas de Ourense, co fin de denunciar públicamente, unha vez máis, a situación de explotación, escravitude e precariedade das/dos traballadores e traballadoras contratados como falsos autónomos a través da falsa cooperativa Servicarne, para o servizo ao grupo Coren. Estas empresas, a pesar da resolución da dirección especial da seguridade social de recoñecer o direito deste colectivo a considerarse como contratacións por conta allea e dar de alta de oficio no réxime xeral, están a incumprir o requerimento da Inspección de Traballo e néganse ao recoñecemento deste colectivo como traballadores e traballadoras por conta allea.
A manifestación deste sábado 7 de xullo sairá ás 12:00 da estación de tren de Ourense e rematará na Subdelegación do Goberno.
PARTICIPA. DEFENDE OS TEUS DIREITOS COA CIG!!!!

