MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA LINGUA O 17 DE MAIO. "EN GALEGO DÍA A DÍA"
Co lema “En galego día a día”, a Plataforma Queremos Galego convoca manifestación para o xoves 17 de maio, que partindo ás 12:00 horas da Alameda de Santiago, percorrerá as rúas de Compostela. Facemos un chamamento para que todas e todos saiamos á rúa para poder vivir en galego con toda normalidade e, denunciar a exclusión e marxinación sistemáticas do galego en diferentes usos e espazos.
ACUDE Á MANIFESTACIÓN O DÍA 17 EN COMPOSTELA!!!
HABERÁ AUTOBUSES CON SAÍDA DENDE A CIDADE D'OURENSE
PARA RESERVAR PRAZA PODES CHAMAR Á CIG DE OURENSE (BELÉN) ANTES DO MARTES 15. TELEF. 988233134".

