Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

MANIFESTACIÓN DA CIG CONSTRUCIÓN O MÉRCORES 5 DE FEBREIRO

03 Feb 2020

Será en Vigo, e haberá buses desde Ourense

CAMPAÑA NACIONAL DE SENSIBILIZACIÓN DA SILICOSE

A federación da Construción e Madeira da CIG comezou unha campaña de denuncia, sensibilización e reivindicación sobre a silicose, enfermidade profesional que padecen centos de traballadores/as do sector da pedra, lousa, áridos e derivados. Trátase dunha patoloxía crónica que afecta directamente ó aparato respiratorio e que provoca importantes secuelas físicas, e que mesmo pode ser a chegar causa de morte, xa que está trás doenzas tales coma o cancro de pulmón. Mais as mutuas seguen a negarse a recoñecer que é una consecuencia da actividade profesional, xa que está causada pola inhalación de po sílice, polo que os/as afectados/as teñen que iniciar longos procesos de reclamacións, incluso xudiciais, para que se recoñezan os seus dereitos. A CIG leva anos asesorando a moitos/as e demandando que, no caso de ter 1º grao da enfermidade (o caso menos grave) se recoñeza a incapacidade laboral con prestación. A central logrou que o INSS modificase o criterio en 2015, xa que até o de entón negaba este recoñecemento. Con todo, o cambio afecta únicamente os/as traballadores/as que na súa empresa non teñan un posto libre de po, polo que moitos/as obreiros/as vense na obriga de seguir no sector. Por iso, a CIG continúa a reivindicar a incapacidade con prestación sen excepcións, como sucede no caso do 2º grao. Co 3º grao recoñécese a incapacidade absoluta, polo que a persoa afectada deixa de traballar. A campaña vai compaxinar as xornadas de sensibilización que se iniciaron no mes de setembro no Porriño e  en outubro no Barco de Valdeorras, con mobilizacións, para denunciar o papel das mutuas, sensibilizando sobre a doenza e a reivindicando unha maior acción protectora da Seguranza Social.

 A primeira protesta será o vindeiro 05 de febreiro 2020 en Vigo, e consistirá nunha concentración diante da mutua MAZ(camelias 101) ás 10:30h, para despois marchar camiñando até o edificio administrativo da Xunta en Vigo.

A motivación que leva ao remate neste lugar, é que o erario público está a soportar o custe dunha enfermidade laboral da que deberian facerse cargo as mutuas, o que constitúe unha fraude.

LIÑAS DE REIVINDICACIÓNS DA FCM

 - Reclamar axilidade no recoñecemento da doenza e dos graos que correspondan.

 - Dotación dun centro de referencia en Galiza, lugar que xenera máis afectados de todo o estado español.

 - Mellora na aplicación dos coeficientes redutores da idade de xubilación, e que todas as empresas diste sector que traballen con po sílice teñan recoñecidos os coeficientes por decreto lei. (Para isto faranse iniciativas institucionais coas que tamén se demandará maior seguridade e saúde laboral no sector, así como o recoñecemento das enfermidades derivadas da silicose).

- Finalmente, contactarase co Cluster da Pedra, coa Asociación de Empresarios/as da Lousa e coa de Áridos, para conformar unha fronte común de loita contra esta problemática, que no noso país afecta a máis de 700  traballadores nos últimos 10 anos según “ estadística do instituto nacional de silicosis”  que están diagnosticadas, sen contar as deagnosticadas fora do Instituto Nacional.

Volver