Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Malestar polo estado das instalacións para os traballadores do servizo de defensa contra incendios forestais na zona de Verín

14 Mai 2009

Chamamento ás autoridades de Medio Rural

Resulta que a devandita instalación, que supuxo un desenvolvemento económico importante para a Consellaria de Medio Rural, "non está aproveitada coa suficiencia que se debería, durante a temporada que está en funcionamento só os membros da brigada helitransportada poden empregar a devandita instalación, mentres que os traballadores doutras brigadas teñen que pasar as noites recluídos nunha caseta de dimensións reducidas e sen ningún tipo de servizo, cando as brigadas helitransportadas non están operativas a instalación permanece pechada todo o dia".

"Non estamos a esaxerar"

Desde a CIG de Monterrei - A Limia sinalan que "non estamos a esaxerar o máis mínimo: ao carón dunha instalación recén estreada, con diversidade de servizos, e que permanece pechada, moitos traballadores e traballadoras do SPDCIF só teñen a posibilidade de guarecerse nunha minúscula caseta de madeira, que só é iso, unha sinxela caseta".

Tamén informan desde a CIG que outras instalacións contruídas pola Consellaria de Medio Rural, as de Fumaces e de Nocedo de Val concretamente, non dispoñen dos servizos máis elementais como son a auga e a luz.

Chamamento ás autoridades

A central sindical nacionalista esixe das autoridades da Consellaria de Medio Rural, que "den as ordes oportunas para que todos os traballadores e traballadoras do SPDCIF se poidan beneficiar das instalacións que xa están construídas e debidamente dotadas, ao tempo que reclamamos que se doten dos servizos mínimos aquelas outras que xa están construídas e carecen deles".

Volver