“MÁIS QUE NUNCA, QUEREMOS GALEGO”
A CIG apoia as mobilizacións do 17 de maio que se levarán a cabo en diferentes vilas e cidades
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG fai parte, sae á rúa o venres 17 de maio, Día das Letras, para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego".
Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo convoca actos reivindicativos en varias vilas e cidades ás 12 da mañá:
A Coruña
Praza de Galiza
Santiago de Compostela
Alameda
Ferrol
Praza Vella
Carballo
Praza do concello
Lugo
Praza Maior
Burela
Praza da Mariña
Monforte
Praza de España
Ourense
Praza do Ferro
Pontevedra
Praza da Peregrina
Vigo
Manifestación con saída desde o cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.
A Estrada
Praza do mercado
Cangas
Praza do concello
Lalín
Praza da igrexa
Acude ás mobilizacións. Máis que nunca, Queremos Galego!

