MAIS DE 700 PERSOAS MANIFÉSTANSE EN VERIN CONTRA O ASASINATO MACHISTA DE ISABEL FUENTES
A marcha partiu da Parroquia de Pazos pra rematar ante o concelho de Verín
Mais de 700 persoas, clamando XUSTIZA, marcharon polas rúa de Verín, hoxe polo serán, en memoria da vicinha de Pazos, Isabel Fuentes, vilmente asasinada por ser umha mulher.
Participaron na marcha vicinhos/as e membros de todo tipo de organizacións políticas, sociais, empresariais e sindicais, así como familiares da asasinada.
Ao remate do acto, presidido en todo momento pola emoción da lembranza de Isabel Fuentes, varios familiares e vicinhos/as dirixíronse ao público pra agradecer o seu apoio e pra reclamar medidas contra a violencia de xénero.
NON QUEREMOS NENGUMHA MORTA MAIS. EN MEMORIA DE ISABEL FUENTES: XUSTIZA !!!





