Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Máis de 2.000 escolares de vinte centros de ensino de Verin participan no Correlingua

11 Mai 2009

Enorme éxito de participación

O Correlingua, que se celebrou durante toda a mañá do venres 8 de Maio en Verín tivo dúas partes ben diferenciadas,co obxecto de reivindicar e exaltar a importancia de defender e normalizar o noso idioma: o galego.

Participación activa do alumnado

Por unha banda, os alumnos/as participaron activamente interpretando diferentes poesias da literatura galega, dramatizando obras teatrais e lendo un manifesto a prol da nosa lingua. E pola outra, produciuse a intervención do grupo de teatro galego Fantoches Baj, dirixida aos máis cativos, así como a actuación do cantante adolescente Hugo Torreiro, con enorme éxito entre a concorrencia infantil e adolescente.

Avaliación moi positiva

Así as cousas, a avaliación que se realiza desta actividade "non pode ser mais positiva, dado o apoio masivo dado á mesma por todos os/as escolares e profesores/as da Comarca de Monterrei e, mesmo, por un grande número de viciños e viciñas da vila de Verín; constituíndo este acto unha manifestación cultural e lúdica en defensa dos nosos sinais de identidade, especificamente do noso idioma".

 

 

Volver