LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROMOCIÓN INTERNA PERSOAL LABORAL
Foron publicadas no DOG do 26 de xaneiro
A consellaría publicou no DOG 26/01/2018 as listaxes de admitidos e excluídos para os procesos selectivos de promoción interna das seguintes categorías de persoal laboral:
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba
Auxiliar de enfermaría
Camareiro/a – limpador/a
Bombeiro forestal
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais
Emisorista de defensa contra incendios forestais
Bombeiro/a forestal condutor
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

