Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

LAZA BUSCA PIÓNS PARA O G.E.S.

30 Xun 2022

Abre un concurso oposición

Publicado no BOP do 30 de xuño o anuncio de selección de persoal e creación dunha bolsa de emprego na categoría de pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede en Laza.

A alcaldía, mediante resolución do 9 de xuño de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar persoal para novas contratacións así como para cubrir baixas, vacantes e substitucións do Grupo de Emerxencias Municipal.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, durante o prazo de dez días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver