Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

INGRESO MÍNIMO VITAL (IMV): PIDE CITA NOS LOCAIS DA CIG PARA OBTER INFORMACIÓN (PREME EIQUÍ)

12 Xun 2020

Iste servizo para a afiliación comezará o 15 de xunho con cita previa

A CIG de Verím A Limia dará asesoramento a súa afiliación sobre o recén publicado Ingreso Mínimo Vital (IMV), sempre con previa cita, que podes pedir chamando ao 988 412 345

O Ingreso Mínimo Vital (IMV) é unha prestación mensual para os fogares en risco de pobreza que vai a cárrego da Seguridade Social. O IMV cubrirá a diferenza entre os ingresos familiares (incruídos salarios) e o umbral fixado para ese tipo de fogar denominado "renda garantida".

A cuantía da renda mínima oscila entre os 461,5 € para un adulto que viva só e os 1.015 euros para fogares de cinco membros; dous adultos con tres filhos ou tres adultos e dous nenos. A cuantía inicial amplíase en 139 € por persoa adicional. No caso das familias monoparentais garántese unha renda entre 700 e 977 euros, dependendo do número de filhos. Istes fogares tenhen un complemento de 100 euros. Para a anualidade 2020, a cuantía anual de renda garantida no caso dun beneficiari@ individual ascende a 5.538 euros.

REQUISITOS

É preciso ser residente no estado espanhol, ter entre 23 e 65 anos, ter vivido cando menos tres anos de forma independente e cotizado un ano á Seguridade Social. Poden cobralo persoas de 18 anos con filhos a cárrego que leven un ano de residencia legal no estado espanhol. Os requisitos son máis flexibeis para as mulheres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humáns e explotación sexual. As/Os perceptor@s deberán facer a declaración da renta e só poderán ausentarse do estado espanhol durante 15 días sen comunicación previa.

A tod@s @s solicitantes faranlhe un test de patrimonio neto, ingresos menos débedas, e descontarase o valor da vivenda habitual. O límite do patrimonio aumenta en función do número de persoas do fogar e parte de 16.614 euros para unha persona que viva soa, até 43.196 euros no caso dunha familia de catro persoas.O patrimonio neto non debe exceder en tres veces a renda anual percibida. O cálculo realizarase sobre os ingresos do ano anterior

SE QUERES FACER UNHA SIMULACIÓN PREME NO SEGUINTE ENLACE:

https://ingreso-minimo-vital.seg-social-innova.es

SE QUERES OLHAR O BOE CO REAL DECRETO LEI COMPLETO PREME NO SEGUINTE ENLACE

https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/05/29/20

Volver