Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

INFORMACIÓN SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN

13 Xan 2023

INFORMACIÓN SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN DERIVADOS DA LEI
20/2021, DO 28 DE DECEMBRO:

RESUMO DAS CONVOCATORIAS

Xeral:

• Son acceso libre, é dicir pode presentarse calquera que cumpra os requisitos xerais e de titulación.
• O feito de que o código que se está a ocupar figure ou non no listado de Función Pública non inflúe no feito de que quen o ocupa se poida presentar ou non.
• Ninguén consolida a praza que ocupa. Unha vez superado o proceso selectivo elixirá posto entre os que lle oferten por orde de puntuación. En principio tomarían posesión as persoas que participaran no correspondente concurso de traslados, logo as que estiveran en destino provisional e por último as que superasen o proceso de estabilización.
• Poden presentarse solicitudes para o proceso de concurso de méritos e para o proceso de concurso-oposición

Convocatorias:

• DOG 26/12/2022 para os procesos de concurso de méritos
• DOG 27/12/2022 para os procesos de concurso-oposición

Prazo de solicitudes:

• En ambos procesos do 16 de xaneiro de 2023 ata o 10 de febreiro de 2023
Solicitudes: (FALTAN AS INSTRUCCIÓNS DE FUNCIÓN PÚBLICA DE COMO ACREDITAR OS MÉRITOS, que segundo as convocatorias se publicarán no DOG)
• Vía electrónica na páxina https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/xeracion-desolicitudes. Xunto a solicitude é obrigatorio incorporar a seguinte documentación, de ser o caso:
• Documentación acreditativa de cumprir os requisitos do art. 52.1 da Lei 2/2015 no caso de non ter
nacionalidade española

• Xustificante de discapacidade si non foi expedido en Galicia
• Xustificante de familia numerosa si non foi expedido en Galicia
• Xustificante do nivel de Celga requirido na convocatoria

A solicitude tamén inclúe un modelo de declaración de méritos que debe cubrirse obrigatoriamente e que
debe conter:

• Número de meses ( en número) completos de servizos prestados na propia escala ou categoría equivalente distinguindo entre prestados na administración convocante e noutras administracións públicas
• Número de horas de formación distinguindo os cursos de menos de 100 horas dos que teñen 100 ou máis
• Número de exercicios ou probas superadas dos procesos finalizados ou coa fase de oposición finalizada na Administración convocante nos termos establecidos na convocatoria
• Nivel de coñecemento da lingua galega avaliable como mérito segundo as bases da convocatoria.

Taxas:

• A taxa que estea vixente no momento de presentar a solicitude
• Exentos da taxa: persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, membros de familias numerosas de categoría especial e vítimas de terrorismo
• Exentos do 50% das taxas: membros de familia numerosa de clase xeral e demandantes de emprego con máis de 6 meses de antigüidade e que non cobren ningunha prestación.

Como pagar a taxa?:

Presencial:

• seleccionar esta opción na pantalla e imprimir o documento de pagamento ( modelo 739) e realizar o pago en calquera das entidades financieiras autorizadas onde se vos facilitará un exemplar selado como xustificante.
• Unha vez temos o xustificante accedemos novamente a solicitude pendente e continuamos coa presentación
• Introducimos os datos relativos a data de ingreso e o NRC ( número de rexistro completo) que deben ser validados no botón “ VALIDAR NRC”

Volver