Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
1º Maio en Verín (data desconhecida)
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

INFORMACIÓN SOBRE AS CONVERSAS CO CONCELHO DE VERÍN PRO OUTORGAMENTO DE DISTINCIÓNS ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI

07 Xul 2015

Estamos a manexar a data do 31 de xulho como día pra celebración do Pleno Municipal pro outorgamento de distincións

Tras a reunión, mantida no día de hoxe, co Alcalde e Tenente Alcalde de Verín, estamos a manexar a data do 31 de xulho do 2015, pra a celebración dun PLENO MUNICIPAL (a última hora da tarde), dirixido a aprobar o outorgamento das distincións e honores, solicitados o 22/7/14, a favor dos represaliados/as polo franquismo na Comarca de Monterrei.

Fican por pechar algumhas cuestións relativas ao contido do Pleno, así como ao acto posterior que pretendemos celebrar na praza do Concelho de Verín, tras o Pleno, mais pensamos que hai boa disposición pra realizar a homenaxe a todos e todas as vítimas do franquismo.

Na semana do 13 de Xulho informaremos, con mais concreción, sobre a data e acto a desenvolver.

Por agora, temos de avaliar moi positivamente, tanto a recolha de sinaturas que estamos a facer en Verín, como a actitude do Grupo de Goberno... Pensamos que, desta volta, se nada vira, o Concelho de Verín fará o reconhecimento que merecen as persoas que perderon a vida e a liberdade por defender a democracia fronte ao franquismo.

Confederación Intersindical Galega

Volver