INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O REXISTRO DA XORNADA
É de obrigado cumprimento dende o 12 de maio, data de publicación do RD Lei 8/2019
0 13 de xufio de 2017 a CIG remitiulles unha proposiciön de lei a todos os grupos do Congreso e do Parlamento galego para que o rexistro de xornada fose obrigatorio. Tres días despois o PSOE fixo sua a nosa proposta, pero recortándoa.
As empresas deben garantir o rexistro diario de xornada, incluíndo o horario concreto de inicio e finalizaci6n da xornada laboral de cada persoa traballadora. lsto sup6n que o rexistro e dobre: do horario (entrada e saída) e da xornada (numero de horas).
As empresas teñen que conservar durante catro anos os citados rexistros, estando ao dispor das empregados/as, dos seus representantes legais e da lnspecci6n de Traballo.
0 sistema de control horario que se debe pactar debera permitir definir, personalizar e reconecer a totalidade da xornada efectiva de traballo adaptada a cada tipo de xornada laboral, para así poder rexistrar e analizar o saldo de horas pertinente con independencia do tipo de xornada laboral que realices.
A CIG defende que é na negociaci6n colectiva sectorial onde se deben incluír estas clausulas sobre o control de xornada, para que non haxa discriminaci6n sobre as persoas traballadoras segundo a empresa na que traballen.
Non debes asinar papeis coa hora de entrada e saída posta de antemán, nin permitir que te obriguen a escribir horas de entrada e saida que non se axustan á realidade, porque reducira a tua cotizaci6n e, en consecuencia, baixaran as túas prestaci6ns por desemprego ou incapacidade e a tua futura pensi6n, ademais de ser unha fraude a Seguridade Social e a Facenda.
A empresa ten obriga de facilitar o rexistro da xornada de todas as persoas traballadoras da empresa aos teus representantes sindicais.
En caso de que se opte por unha soluci6n dixital para o rexistro, a representaci6n sindical debe esixir o cumprimento da normativa de protecci6n de datos e garantia de dereitos dixitais, sobre todo no que atinxe a esfera da privacidade, intimidade e dignidade da persoa traballadora, a fin de evitar incorrer nalgun tipo de vulneraci6n dun dereito fundamental.
As persoas traballadoras das subcontratas ou ETT que desenvolvan a sua actividade en centros ou clientes diferentes ao centro de traballo tamén deben realizar o rexistro de xornada nese centro. Sendo obriga da mesma empresa principal ou Administraci6n publica na que traballes.
Cada mes ou semana deberan de totalizarse as horas ordinarias e as extraordinarias. Ademais, cando se producen estas horas e sexan perfectamente identificabeis, a empresa deberia compensalas con tempo de descanso ou con retribuci6n nun prazo maximo de catro meses.
Non pode existir unha acumulaci6n de horas extraordinarias superior a 80. En tal caso, a empresa podería incorrer nun incumprimento de normativa sancionábel con multa.
A transgresi6n das normas en materia de rexistro de xornada esta tipificada expresamente como infracci6n grave pola Lei de lnfracci6ns e Sanci6ns da Orde Social (USOS) . Polo tanto, a CIG esixira o rexistro diario da xornada, ainda cando non se realicen horas extraordinarias, e reclamara que se intensifique o labor inspector neste ámbito.

