II XORNADA FEMINISTA E NOITE DE BRUXAS
29
Nov
2022
Será en Mandín na Taberna Couto Mixto
O vindeiro sábado 3 de decembro celebrarase a II Xornada Feminista na Taberna Couto Mixto en Mandín. A xornada abrirase ás 12 do mediodía e na sesión de tarde presentarase ás 17 horas o libro "Murmuraban as miñas veciñas" de Dani Blanco, e ás 20 horas levarase a cargo a charla de "Activismo Feminista e LGBT+ para a transformación social". Xa na xornada de noite haberá concento do grupo "The tetas van" rematando cun fin de festa con queimada e conxuro feminista.