Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

8 POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO

18 Xun 2018

Formarán as brigadas contra incendios forestais

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 18 de xuño mediante a resolución da alcaldía con data 13 de xuño de 2018, o  acordo de convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal, de 1 xefe/a de brigada, 1 pión condutor/a, 3 pións forestais, para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, e 3 condutores/as de motobomba. A modalidade da contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a ornada completa. A duración do contrato será de 3 meses e o sistema de selección por concurso-oposición. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. O texto completo das bases reguladoras ublicaranse no taboleiro de anuncios do concello e páxina web: www.vilarinodeconso.es. As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello de Vilariño de Conso, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

 

Volver