Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

15 Xun 2020

Crean as brigadas contra incendios forestais

O concello de Baños de Molgas fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios, así como @s condutor@s do vehículo motobomba para o ano 2020, (Convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural).

1. Número e denominación de postos: 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a de brigada, 3 pións de brigada e 3 condutor@s de vehículo motobomba.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

3. Duración do contrato: 3 meses.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Bases das convocatorias: poderanse obter nas oficinas municipais e serán diferentes para a brigada e para o vehículo motobomba.

6. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP.

Volver