6 POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO
Son para un/ha tractorista e cinco albaneis
O concello de Cualedro fai pública no BOP do martes 26 de xuño a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo dun/ha tractorista e cinco albaneis oficiais de primeira. A alcaldía, mediante resolución do 22 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un tractorista e cinco albaneis, oficiais de primeira a tempo completo durante 3 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

