6 POSTOS DE TRABALLO OFERTA O CONCELLO DE BALTAR
Son contratos temporais a xornada completa
O concello de Baltar fai pública no BOP do 12 de xullo a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 09.07.2018 para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade do exercicio 2018. Trátase das prazas para 4 pións forestais, 1 monitor/a de tempo libre e 1 auxiliar administrativa/o. A modalidade das contratacións será contrato laboral temporal. A xornada de traballo é a seguinte:
•Xornada diaria de traballo pións forestais: 6,5 horas (duración 3 meses).
•Xornada diaria de traballo monitor/a tempo libre: 6 horas (duración 4 meses).
•Xornada diaria de traballo auxiliar administrativ@: 6 horas (duración 4 meses).
Pra o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e as retribucións totais son as seguintes:
•Peóns forestais: 758,33 € brutos/mes (incluídas pppe).
•Monitor de tempo libre: 700,00 € brutos/mes (incluídas pppe)
•Auxiliar administrativo: 700,00 € brutos/mes (incluídas pppe).
O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

